Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Varios podios para o Peña Trevinca Barco no inicio da tempada 2023 de orientación

Remy Durán no centro.

 

O sábado 18 de febreiro, en pleno Entroido, arrincaba a tempada 2023 de orientación no barrio de Coia en Vigo, onde se celebraron as dúas primeiras probas da modalidade Sprint, que conformaban o campionato galego da devandita modalidade e que contou con nove membros do Club Peña Trevinca Barco.

 

Iago Trigo no centro.

 

Tal como explican dende o club, a carreira de mañá caracterizouse “por ter uns trazados con moitos cambios de sentidos en zonas parquizadas, o que fixo ter uns tempos moi rápidos, onde destacamos as actuacións de Remy Durán (1º en F-55), Mailén Aller (2º en F-18), Iago Trigo (2º en M-21A), Fran Camba (5º en M-45) e Pablo Aller (5º en M-50)”.

 

Mailén Aller á dereita.

 

Pola tarde o desafío que expuxo a organización foi aínda maior. “Unha carreira sprint pero difícil, onde os trazados percorrían unha área enche de edificios con comunicación en distintos niveis entre eles e onde chegar aos puntos de control requiría moita precisión á hora de facer as eleccións de roteiro, onde os mellores resultados foron os seguintes: Mailén Aller (1º en F-18), Iago Trigo (1º en M-21A), Remy Durán (3º en F-55), Daniel Blanco (3º en M-18) e Martina Aller (5º en F-14)”, din dende o Peña Trevinca.

 

Membros do Peña Trevinca desprazados a Coia (Vigo).

 

Con estes resultados Remy Durán e Iago Trigo proclamábanse campións nas súas respectivas categorías no campionato galego e Mailén Aller obtiña o subcampeonato a tan só 1 punto da campioa en F-18.

A orientación a pé retomará a competición o sábado 11 de marzo na localidade de Paderne.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button