ConcellosO BarcoÚltima hora

Veigamuíños (O Barco) amplía a decoración navideña con novas e orixinais figuras

 

Renos de madeira, árbores con nomes de veciños, bonecos de neve, o tradicional Apalpador e mesmo unha orixinal e sorprendente pista de esquí con telecadeira e esquiadores incluídos. Son algunhas das figuras coas que as Mulleres Rurais de Veigamuíños ampliaron este ano a decoración de Nadal nesta localidade barquense que loce máis espectacular e festiva que nunca.

 

 

 

Así, as figuras e escenas (as que xa estaban doutros anos como o Belén, máis as novas que se poden ver aquí) están repartidas por Veigamuíños, O Buraco, Tremiñá e O Piñeiro, colocadas en lugares estratéxicos que lle dan aínda máis encanto ao pobo.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button