OurenseÚltima hora

Vense abaixo a escaleira dun edificio en Ourense, deixando atrapadas a 3 persoas

 

Rozando as tres da tarde deste 21 de setembro víñase abaixo a escaleira dun edificio situado no número 41 da rúa de Antonio Saénz Díez da cidade de Ourense. O feito producíase cando trataban de instalar un ascensor. Como consecuencia disto, resultaban atrapadas tres persoas: dous operarios e un veciño, segundo informa o 112 Galicia. Sen embargo, só un operario necesitaba ser trasladado a un centro hospitalario.

“Como explicaron os Bombeiros de Ourense, a estrutura colapsou e os segundo andar quedou sen acceso. Así, ademais do traballador que quedou atrapado e ferido, os outros dous, outro operario e un veciño, quedaron illados, pero en bo estado de saúde. Así, os efectivos do parque municipal tiveron que rescatar a un total de tres persoas, aínda que só unha precisou os coidados dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, segundo informa o 112 Galicia, que engade que este operativo contaba co apoio e colaboración dos axentes da Policía Local e Nacional.

Artigos relacionados

Back to top button