O forte vento dificultaba a actividade pero así e todo os máis atrevidos desfrutaban, na tarde deste venres 11 de xullo, dunha interesante sesión de caiac e paddle board do Club Náutico de Viana do Bolo incluída no Programa Fomento Deportivo 2025.
Baixo o lema “#NingúnConcelloSenDeporte” e co obxectivo de achegar a práctica deportiva e fomentar a actividade física e os hábitos saudables en toda a provincia, especialmente no rural e con deportes menos coñecidos, se desenvolve esta iniciativa promovida pola Deputación de Ourense e executada por segundo ano polo Club Náutico de Viana do Bolo.
A Rúa era a terceira parada da edición deste ano do programa que xa pasara por Viana do Bolo e A Veiga, rematando en Vilariño de Conso o vindeiro venres 18 de xullo.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.