CulturaCulturaÚltima hora

“Verán de altura”, na natureza e cheo de actividades na Veiga

Praia do Coiñedo (A Veiga)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Teatro, deportes, actividades astronómicas, música, exposicións, maxia ou rutas gastronómicas. O programa de verán na Veiga vén cargado de actividades diversas e pensadas para todos os públicos. Este calendario de propostas porase en marcha o 18 de xullo co 26º Coloquio Internacional de Turismo Rural, que se celebrará neste municipio ata o 20 de xullo, e continuarán coa IX Marcha nocturna “Entre lobos e estrelas” o dia 21 de xullo. Os actos continuarán neste mes de xullo e tamén nos de agosto, setembro e outubro.

Con este conxunto de propostas o Concello da Veiga pretende “convidar a todos aqueles que o desexen a desfrutar dun verán diferente, rodeados de natureza en estado puro, no que teremos actividades náuticas e de turismo fluvial polo Encoro de Prada, turismo astronómico no Destino Turístico Starlight Trevinca, etnografía, gastronomía,actividades deportivas, actuacións musicais, teatro para nenos, e moitos outros máis nun verán con mil e unha posibilidades”.

 

Artigos relacionados

Back to top button