ConcellosÚltima hora

Verín celebra un Pleno con alumnos de Primaria e 1º da ESO

Máis de 150 nenos participaron na sesión que aprobou propostas solidarias para fixar poboación no rural e axudar aos inmigrantes
Pleno infantil celebrado na Casa da Cultura de Verín.
Pleno infantil celebrado na Casa da Cultura de Verín.

Mocións para que se fixe a poboación no rural, de apoio aos inmigrantes ou de protección do medio ambiente, foron algunhas das propostas aprobadas por unanimidade no Pleno infantil convocado esta mañá polo Concello de Verín, para coñecer as inquedanzas dos veciños máis novos da vila.

Máis de 150 alumnos de Primaria e 1º da ESO dos centros Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, coñeceron as instalacións da Casa Consistorial e protagonizaron asemade a sesión plenaria celebrada na Casa da Cultura que estivo presidida polo alcalde, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo.

Durante o pleno, os nenos formularon preguntas e propostas entre as que destacan “solicitar das administracións unha implicación activa para crear medidas de dinamización económica que fixen poboación no rural, evitando a despoboación de comarcas como a de Monterrei”. Asemade, e tal como explican dende o Concello de Verín, “os nenos amosáronse sensibilizados coa inmigración, pedindo medidas para a integración das novas culturas, e tamén coa creación de actividades para as familias e a toma en consideración da opinión dos máis pequenos”.

Artigos relacionados

Back to top button