ConcellosÚltima hora

A ludoteca de verán de Verín baixa o pano cunha festa de disfraces

Nesta edición do campamento urbano participaron máis de 250 menores de entre 3 e 13 anos
Festa de clausura da ludoteca de verán en Verín.

Máis de 250 menores con idades comprendidas entre 3 e 13 anos participaron na Ludoteca de verán-campamento urbano de Verín. Unha iniciativa que comezaba o 25 de xuño e remataba ba mañá do 7 de setembro para conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores.

Obradoiros educativos e lúdicos, animación á lectura e contacontos, piscina, repostería e cociña, recortables, talleres de Nutrición, xogo libre, rutas de sendeirismo ou acampada nocturna, foron algunhas das actividades nas que participaron os cativos. Ademais, durante os meses de xullo e agosto programáronse iniciativas adicadas a diferentes temáticas como o día do sombreiro, o día do avó, San Fermín e o chupinazo, festa da Batucada, Dia de Galicia, actividades coa Cruz Vermella, obradoiros de Igualdade co CIM da Mancomunidade de Verín, xornadas lúdicas coa A.C de Música Tradicional de Monterrei-Banda de Gaitas Nova Era, visita temática ao Museo Claustro Mercedario e un Graffiti da Ludoteca, realizado en colaboración co Festival Extruga Street.

E para clausurar este verán tan especial, os pequenos participaron nunha divertida festa de disfraces no CEIP Princesa de España. Todo un espectáculo de cores, amenizado por unha discomóbil que rematou cunha comida para todos os asistentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button