ConcellosÚltima horaVerín

Verín leva substituídas 1.630 luminarias nos núcleos rurais na 2ª fase do seu plan de renovación

Foto: Concello de Verín.

 

O Concello de Verín vén de rematar a segunda fase de renovación da iluminación pública por luces LED co consecuente aforro e eficiencia enerxética, así como a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. En total substituíronse 1.630 luminarias de iluminación pública correspondentes as luminarias de quince núcleos rurais de Verín (Tamaguelos Tamagos, Pazos, Queizás, Pazos, Mourazos, Mandín, Feces de Abaixo, Cabreiroá, A Rasela, Ábedes, Queirugás, Vilamaior, O Salgueiro e Caldeliñas).

Esta actuación, que supuxo un investimento total de 589.674,14 euros, esta cofinanciada nun 80 por cento (471,739,31 euros) polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa para a Renovación da Iluminación Público Municipal do IDAE, e no restante 20 por cento (117.934,83 euros) por fondos municipais.

Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Figalgo, coa substitución destas luminarias, ademais de renovar o sistema actual sendo máis respectuosos co medio ambiente e de mellorar a iluminación municipal, conséguese unha gran diminución na factura eléctrica, «o que permitirá ao Concello» -salientou- «destinar ese diñeiro aforrado a outros proxectos necesarios».

As novas luminarias LED instaladas supoñen un importante aforro enerxético xa que necesitan menos da metade de potencia eléctrica para producir a mesma iluminación conseguida coas antigas lámpadas, co que se reduce o consumo eléctrico a máis da metade do actual. Isto débese á alta eficiencia deste tipo de luminarias, próxima ao 90 por cento.

Con esta actuación, o Concello de Verín consegue reducir en máis do 50 por cento consumo de enerxía eléctrica así como a potencia necesaria nas instalacións municipais, e consecuentemente na factura eléctrica. Adicionalmente, logra tamén unha maior eficiencia e maior vida útil das novas luminarias instaladas axustando as horas de funcionamento as necesidades reais.

Por outra banda, coa redución do consumo de enerxía conséguese que as plantas xeradoras de enerxía diminúan a súa emisión de dióxido de carbono, axudando así́ a cumprir coas regulacións e directivas ambientais nacionais e internacionais, por exemplo o protocolo de Kyoto.

Por último, cabe destacar a redución da contaminación lumínica obtida axustando os niveis de cada lámpada aos valores establecidos no regulamento, non só conseguimos que a zona se atope o suficientemente iluminada e uniforme para os peóns e condutores, senón que tamén logramos que o ecosistema nocturno sexa o máis parecido ao seu estado natural, permitindo visualizar as estrelas, e que se cumpra o ciclo de crecemento natural das plantas e algúns animais.

Primeira fase do plan de renovación e mellora da iluminación pública

Previa a substitución das luminarias desta segunda fase, o Concello de Verín realizou unha primeira quenda de renovación da iluminación pública por luces LED. En total substituíronse 2.154 luminarias de iluminación pública correspondentes ao centro urbano de Verín e aos núcleos rurais de Tintores e Vilela.

Esta actuación, que supuxo unha investimento total de 974.728,80 euros, foi cofinanciada nun 80 por cento (779.783,10 euros) polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa para a Renovación da Iluminación Público Municipal do IDAE, e no restante 20 por cento (194.945,7 euros) por fondos municipais.

O total de luminarias substituídas, sumando ambas fases de actuación, suman un total de 3.784 lámpadas.

Artigos relacionados

Back to top button