CulturaCulturaÚltima hora

Verín, referente da arte teatral co taller gratuíto de adestramento de clown de Marcelo Katz

 

Verín convertíase na semana pasada no epicentro da arte teatral coa realización dun taller de adestramento de clown, liderado polo recoñecido mestre arxentino de máscaras e clown Marcelo Katz e realizado en colaboración con Santiago Cañaveral, director do teatro local Kotodama, e o Concello de Verín.

Grazas ao apoio do Concello, os 16 participantes puideron gozar desta experiencia de forma gratuíta, e viviron unha semana apaixonante, arriscada e comprometida, onde se adestraron profesionalmente nesta particular modalidade do teatro físico, o clown.

 

 

Durante toda a semana, os participantes realizaron exercicios nos que traballaron sobre o corpo, a expresión, os impulsos, o estado de presenza, a calidade lúdica, a variedade de estados sensibles e o traballo co público. Todos estes elementos abordáronse con intensidade e compromiso, o que deixou diversas ferramentas escénicas e profundas sensacións e motivación no grupo de participantes.

Segundo destacou Marcelo Katz, “a experiencia foi descrita polos asistentes como intensa e conmovedora, e deixou unha pegada significativa nos participantes”.

Fotos: Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button