“Enchíchesme a vida de flores,/ mentres pechabas todas as fiestras,/ os aloumiños eran fríos/ as palabras ferían/ a xaula dourada cada vez era máis estreita”. Con estes versos comeza “Eres miña” de Raquel Pérez Diéguez, poeta veciña de Chandrexa de Queixa.
O seu poema soa neste 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, na voz de Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), na canle de youtube desta actriz.