En portadaGalerías de fotosSemana SantaÚltima hora

Vía crucis de Veigamuíños a Xagoaza (O Barco)

O Venres Santo (3 de abril), día no que se conmemoraba a paixón e morte de Cristo, ás seis da tarde comezaba un acto relixioso na igrexa de Veigamuíños tras o cal tiña lugar o Vía Crucis solemne dende esta localidade ata o Mosteiro de Xagoaza.

Era unha longa procesión coa Dolorosa levada a ombros polas mulleres e o Santo Enterro, levado por un grupo de homes. O percorrido concluía na Igrexa de San Miguel, ao pé do Mosteiro de Xagoaza.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button