DeportesFútbolÚltima hora

Viana acollerá, do 4 ao 9 de xullo, a II edición do Campus do Atlético de Madrid nas Carrelas

A organización poñerá un autobús que sairá desde O Barco e terá parada na Rúa para todos os nenos da comarca de Valdeorras que desexen ir

I edición do campus en Viana do Bolo./ Fotos: Campus do Atlético de Madrid.

 

Tralo éxito da primeira edición celebrada en agosto do ano pasado con medio cento de cativos (nenos e nenas), Viana do Bolo volverá ser unha das catro sedes do Campus do Atlético de Madrid en Galicia, desta volta do 4 ao 9 de xullo, da man de Pinchacarneira coa colaboración do Concello.

Especialmente pensado para nenos e nenas de entre 5 e 16 anos, desenvolverase no campo de fútbol As Carrelas, con actividades en horario de 9:30 a 14 horas. Entre os obsequios estarán unha equipación completa do Campus, diploma acreditativo, recordos atléticos, fotografías e valoración técnica.

 

 

Igual que o ano pasado, desde a organización poñerase un autobús que sairá desde O Barco e terá parada na Rúa para todos os nenos da comarca de Valdeorras que desexen ir.

Dende o Club Atlético de Madrid aseguran que o seu campus de verán “axudará aos participantes a sacar o máximo rendemento das súas cualidades deportivas, ao tempo que aprenden e se divirten”, destacando que o obxectivos destes campus é “educar e formar -a través do fútbol- en valores aos nenos e xoves en idae escolar”, para o cal, da man do equipo técnico “aprenderán os coñecementos e habilidades necesarios para seguir progresando día a día”.

Para máis información e contacto: campusatmgalicia@gmail.com / 656 487 890; e tamén: Pinchacarneira.

Artigos relacionados

Back to top button