CulturaCulturaÚltima hora

Viana do Bolo estrea “plano-guía” turístico

Este folleto, do que son autores Carlos X. Ares e Óscar López Mendaña, conduce ao camiñante pola historia de cada un dos recunchos do Cabo da Vila vianés

Na rúa das Mazairas comeza o percorrido. É un traxecto polo casco antigo vianés con case vinte paradas en lugares que permiten asomarse a diversos momentos da historia da vila de Viana do Bolo. Este itinerario, co título “Viana do Bolo: camiñando na historia”, é o que se plantexa no plano-guía turístico do Cabo da Vila, que veñen de realizar Carlos X. Ares e Óscar López Mendaña. Este folleto, editado polo Concello de Viana, facíase público nun acto celebrado na tarde do 23 de marzo no Concello Vello.

Esta presentación comezaba cos proxección dun pequeno video, seguido da masterclass “A marca Viana do Bolo”, impartida por Óscar López Mendaña. Nela explicaba que é unha marca e o seu valor. “A identidade visual refléxase nunha marca, é importante que esa imaxe sexa o reflexo dunha realidade”. Asemade comentaba o proceso a seguir para construír esa marca e os actores implicados nel.

De seguido, Carlos X. Ares abordaba o novo plano-guía de Viana do Bolo, achegándose a cada un dos 19 lugares recollidos nel, nun traxecto que partía da rúa das Mazairas e concluía na Casa Feijoo Sotomayor. “Non ten sentido camiñar se non sabemos a onde imos”, apuntaba. Ademais nesta visita polo Cabo da Vila, desvelando a singularidade de cada un dos seus recunchos e a súa historia, Ares incluía varios videos. A presentación remataba coa entrega deste plano-guía e cun viño para os asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button