DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Viana celebra os resultados deportivos do equipo de fútbol

O conxunto vianés foi recibido pola Corporación Municipal

A implicación dos xogadores, da directiva, do corpo técnico e da afección, fixeron posible que o CD Viana lograra un resultado histórico: ascender á primeira rexional como líder da clasificación.

Despois dunha fantástica tempada, o conxunto vianés convertíase no flamante campión de liga en segunda autonómica. Todo un logro que o Concello de Viana celebraba na tarde do 4 de xuño coa recepción do equipo no Salón de Plenos. Alí, o alcalde Secundino Fernández loaba o fito logrado polo equipo de fútbol da vila, cedendo a palabra a directiva, los xogadores e ao adestrador. Todos deron as grazas polo recoñecemento, asegurando que a copa da liga foi o resultado dun ano de traballo que se fixo posible porque máis que un equipo son un grupo de amigos, unha familia. Que houbo bos e malos momentos e que a vindeira tempada o reto será aínda maior ao ser unha categoría superior.

Tralas intervencións, o alcalde entregou unha placa conmemorativa a cada xogador e membro da directiva, rematando o acto cunha gran pinchada.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button