Viana do Bolo contará cunha oficina de turismo a partir do vindeiro martes 14 de xullo. “Esta medida vai encamiñada a favorecer o sector comercial de Viana do
Bolo, afectado como todos sabemos pola crise económica derivada do
coronavirus”, afiman dende o Concello.
Estará instalada na Casa da Concello e funcionará de martes a domingo, de 11:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 16:30 a 19:00 horas pola tarde. “O obxectivo é dar a coñecer Viana e resolver a información in situ aos visitantes fomentando o coñecemento de todas as actividades que se desenvolven no noso Concello”.
Ademais, explican que “é unha medida máis que se une a creación da páxina web comproenviana.com. Con estas medidas queremos demostrar o compromiso do Concello de Viana do Bolo para favorecer este sector tan importante na economía do noso Concello”.