ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo reparte material de protección fronte ao coronavirus nos domicilios e nos negocios

 

“As medidas de protección individual son un complemento importante para a protección da veciñanza fronte ao coronavirus. Polo tanto, decidiuse adquirir material de protección”, di Secundino Fernández, alcalde de Viana do Bolo, un concello que vén de iniciar o reparto de mascarillas e pantallas entre a súa poboación.

O Concello adquiriu “2.000 máscaras cirúrxicas e 800 pantallas a empresas privadas, tamén recibimos en colaboración con SOGAPS (solidariedade galega co pobo saharauí) un montante de 650 mascarillas de tea lavábeis entre as que figuraban mascarillas para uso infantil. Recibimos tamén doazóns de persoas privadas as que agradecemos enormemente o seu esforzo e xenerosidade e da Xunta de Galicia”, indica o alcalde vianés.

Nesta primeira fase repartiuse en domicilios e negocios de Viana do Bolo mascarillas e pantallas. “Esta laboura, vivenda a vivenda e negocio a negocio, foi feita pola Policía Local e nas casas dos núcleos rurais polo persoal que traballa na axuda no fogar. Temos que dar as grazas a estes traballadores polo seu esforzo e compromiso nos momentos mais duros da pandemia”, indica Secundino Fernández.

 

O alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández./ Foto cedida.

 

Coas novas medidas de mobilidade e coa entrada das chamadas fases de desescalada o Concello de Viana do Bolo establece un novo sistema de reparto de mascarillas, pantallas e demais elementos de protección individual. “Dende o Concello seguimos garantindo o acceso a material de protección a toda a poboación de Viana do Bolo. As mascarillas e pantallas serán subministradas ás persoas que o necesiten na Casa do Concello, nos servizos sociais, previa chamada as oficinas administrativas no 988340120”, engade o rexedor.

De todos xeitos, dende o Concello lémbrase que as mascarillas “non significan ningún tipo inmunidade fronte ao virus, é un elemento mais de barreira de protección nas saídas fóra do domicilio. Tomalo dese xeito, seguindo as instrucións de uso e nunca nunca deixar de lavar as mans, manter a distancia de seguridade e demais normas de protección persoal. Protexéndonos nós, tamén protexemos aos demais”.

Artigos relacionados

Back to top button