ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo rexistra 100 casos activos de Covid, 10 máis que onte

Debido á situación sanitaria dende o Concello emitían un bando coa suspensión da feira do xoves 13 de xaneiro

Feira en Viana do Bolo. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tamén en Viando do Bolo seguen subindo os casos activos de Covid. Segundo os últimos datos comunicados ao Concello polo Sergas (actualizados ás 18h. de onte), na xornada deste martes 11 de xaneiro son 100 os positivos no municipio. Isto supón 10 máis que os rexistrados onte.

“Segue a incrementarse o número de afectactos/as, polo que lembramos a veciños e veciñas a necesidade e a obriga de manter e respectar as normas e medidas sanitarias”, insisten dende o Concello, que tamén desexa “unha pronta recuperación ás persoas afectadas”.

Ante esta situación e “non podendo garantir as condicións mínimas de distancia e de seguridade necesarias en relación ao aforo en espazos públicos, e co fin de evitar que a actividade económica municipal se vexa abocada a unhas medidas máis restritivas, sobre todo no sector hostaleiro”, dende o Concello emitían un comunicado anunciando a suspensión, ata novo aviso, da celebración da feira para o vindeiro xoves día 13 de xaneiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button