ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo sitúase en 55 casos activos de Covid

Centro de Saúde de Viana do Bolo.

 

Segue subindo a cifra de casos activos en Viana do Bolo. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas, e actualizados ás 18h. de onte, este municipio rexistra un total de 55 positivos.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

“Ante o alarmante incremento no número de casos dende o xoves (28 positivos máis), lembramos á veciños e veciñas a necesidade e a obriga de manter e respectar as normas e medidas sanitarias”, destacan dende o Concello de Viana do Bolo, dende onde tamén desexan unha pronta recuperación ás persoas contaxiadas.

Artigos relacionados

Back to top button