En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Viana do Bolo vístese coa pel de medio cento de mascaradas da península

 

Multitude de persoas congregábanse a partir das catro e media da tarde na vila de Viana do Bolo para asistir ao VIII ViBoMask Festival Internacional Mascarada Ibérica. A intensa, colorista, sonora e rechamante comitiva deste singular desfile partía arredor das cinco da tarde dende O Toural, seguindo un longo percorrido que remataba, tras a praza Maior, na rúa das Mazairas. Pero xa dende a mañá cobraba vida nas rúas o festival coa apertura do ViBomarket, un mercado de artesáns e doutro tipo de produtos nas rúas próximas á praza Maior.

 

 

Medio cento de festas de inverno de diferentes puntos da Península Ibérica participaban nesta edición: dende os fulións propios do oriente ourensán con máscaras como os Boteiros ou as Mázcaras, pasando polo Entroido de Laza, os Felos de Maceda, os Troteiros de Bande, o Touro e o Xigante de Celavente (O Bolo).

Así mesmo, participaban outros Entroido de Galicia como as  Madamas e Galáns de Cobres (Pontevedra), os Merdeiros de Vigo, o Rancho e Cabaleiros do Entroido da Feira (Salceda de Caselas), o Entroido Ribeirao (Lugo), o Entroido de Samede (A Coruña) e os Xenerais da Ulla.

 

 

Tamén podían verse outras mascaradas de inverno como a Vijanera de Silió (Cantabria), de Castela e León como o Entroido de Pombriego (Zamora) ou os Zamarraches e Pastores de Casavieja (Ávila), así como do País Vasco, Castela-A Mancha e do nordeste de Portugal.

 

 

Xa pola noite, a partir das 23h, será a quenda para o ViBoMusic coas actuacións dos grupos musicais Nova Era, Guezos e SkaloPndras, na praza Maior.

O domingo, 19 de marzo, ás 11.45 horas co desfile das mascaradas desta edición polas rúas do concello de Vilariño de Conso.

Fotos cedidas e de Carlos G. Hervella.

Vídeos cedidos.

Máis fotos en

O engaiolante e vibrante desfile do Festival ViBoMask en Viana, en imaxes

 

 

Artigos relacionados

Back to top button