


















































































Dende o Toural ata a rúa das Mazairas. A vila de Viana do Bolo enchíase dos rituais e figuras de medio cento de festas de inverno da Península Ibérica na tarde deste 18 de marzo da man do VIII Festival Internacional ViBoMask. Un intenso, colorista e vibrante desfile percorría a vila, seguido por numerosas persoas coas que interaccionaban as figuras enmascaradas de tradicións ourensás, pero tamén doutras partes de Galicia, de Cantabria, Castela e León, Asturias e mesmo o nordeste de Portugal.
Achegamos un resumo fotográfico deste desfile, que mañá terá contjnuidade este domingo a partir do mediodía en Vilariño de Conso.
A celebración continuaba a medionoite coa actuación dos grupos Nova Era, Guezos e SkaloPndras de Manzaneda.
Fotos: Carlos G. Hervella.