ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo vístese de ‘vintage’ para celebrar a festa dos 80′ e 90′

 

Nesta primeira fin de semana do mes de agosto Viana do Bolo retrocedía no tempo para celebrar a Festa dos 80′ e os 90′ na praza Maior.

O programa comeza o venres día 8 de tarde cunha dobre actuación musical pero o día central da festa é hoxe. Na mañá deste sábado día 5 de agosto Charlo amenizaba a sesión vermú na zona do Toural e xa pola tarde a festa regresaba á praza Maior.  Para os máis pequenos estaba pensado o espectáculo intantil “A abordaxe pirata” e xa pola noite será o momento das cañas e música con Chris Morrison e DJ Rafa (Radio Monforte).

 

 

Ademais durante a tarde e a noite os soportais da praza acollen un mercadiño vintage con todo tipo de artigos dos 80 e 90 pero tamén de doutras temáticas como o Entroido.

Aínda que timidamente a xente deixábase ver pola praza caracterizada.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button