ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana festexa as Letras coa lectura pública dos versos de Florencio, música e a mostra “Pegadas da lingua”

A praza Maior da vila acollía nesta mañá diversas actividades para conmemorar o 17 de maio

 

Coa actuación da Banda de Gaitas das Escolas Municipais de Viana do Bolo na praza Maior comezaba este 17 de maio en Viana do Bolo. Ademais, a partir das 12h. nun dos soportais desa mesama praza comezaba unha lectura pública da obra do autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado neste 2022. Nela participaban persoas de todas as idades.

 

 

Así mesmo, a praza Maior engalanábase para a ocasión coas obras realizadas polos máis pequenos no obradoiro “Pegadas da lingua”, no que os cativos expresaban pintando diferentes pedras a importancia da lingua galega.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button