DeportesÚltima hora

Vicente del Bosque inaugurará o novo campo de fútbol de Maceda

O seleccionador nacional manterá, o 27 de abril, un encontro cos adestradores colexiados no Comité Galego 
O seleccionador nacional de fútbol, Vicente del Bosque.
O seleccionador nacional de fútbol, Vicente del Bosque.

Da man do renovado Comité Galego de Adestradores, o seleccionador nacional de fútbol Vicente del Bosque, achegarase ata a localidade ourensá de Maceda o vindeiro mércores 27 de abril, para “compartir as súas experiencias, que son moitas e moi boas, cos adestradores galegos, especialmente os da provincia de Ourense”. Así o adiantan dende a Federación Galega de Fútbol, organizadora do acto xunto ao Concello de Maceda que “solicitou a presenza do adestrador para a inauguración oficial do renovado campo de fútbol da localidade”, explican dende a Federación.

Ademais de inaugurar o campo e descubrir unha placa da rúa principal da vila, que a partires dese día levará o seu nome, Del Bosque manterá asemade un encontro no Castelo de Maceda cos adestradores colexiados.

Dende a FGF informan de que as prazas para asistir ao acto están limitadas a 60 e os interesados poden inscribirse cumprimentando o formulario ao que se pode acceder a través da páxina web www.futgal.es.

Artigos relacionados

Back to top button