SanidadeÚltima horaVídeos

Vídeo-homenaxe ao Hospital de Valdeorras, libre de Covid-19

 

Tras máis de setenta días de intenso traballo, desde o primeiro ingreso, o pasado 21 de marzo, o Hospital Público de Valdeorras está hoxe libre de Covid. “Foron días de incerteza e tensión, con momentos nos que parecía que os contaxios non deixarían de crecer. Como o 17 de abril, con ata 21 doentes positivos ingresados”, aseguran dende O Sergas en Ourense. Por iso quixeron rendirlle unha homenxe coa edición deste vídeo no que se recolle un resumo do vivido no hospital durante este tempo.

Gañando experiencia fronte ao descoñecido, a base de profesionalidade e vocación, foron 61 os pacientes atendidos nas plantas, e outros moitos nas urxencias, nos Puntos de Atención Continuada e Centros de Saúde, man a man na atención a domicilio, a chamada amiga de todos os que pasaron a enfermidade na casa, controlando diariamente a súa evolución. Todos e todas a unha fúchedes quen de superalo, de aplanar a curva, de paralo. Moitas grazas compañeir@s e parabéns”, aseguran dende o Sergas en

 

Artigos relacionados

Back to top button