O vindeiro 8 de marzo celebrase no Hotel Coia a IX Festa do Botelo do Barco en Vigo. Para poder participar no xantar, os interesados deberán reservar con antelación a súa praza, chamando ao número de teléfono 986 201 820. O prez establecido para esta edición da festa é de 40 euros por comensal. Nas salas deste hotel cóntase con capacidade para aproximadamente 200 persoas, polo que as prazas son moi limitadas.
Os participantes nesta edición da Festa do Botelo do Barco en Vigo poderán degustar un menú composto de sopa de cocido, empanada de maravallas, e botelo con chourizos, repolo e cachelos. A bica, a torta de roxóns e os licores rematarán o xantar.
A comida estará acompañada de viños de Valdeorras e, unha vez terminada, haberá actuación musical.