ConcellosÚltima horaViana do Bolo

VII Festival Medieval en Viana do Bolo, o 30 de marzo

Torre medieval de Viana do Bolo.

 

A torre da homenaxe vianesa e a música converteranse en protagonistas o vindeiro 30 de marzo a partir das 18:30h. da tarde no marco do VII Festival Medieval de Viana do Bolo. Este evento reunirá unha ducia de actuacións nas que se recreará o ambiente musical desta etapa histórica. Non faltará tampouco unha escenificación teatral protagonizada por dona Urraca, que será interpretada por Iria Estévez, a quen recibirá o alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos.

Entre as formacións participantes non faltarán algunhas vianesas, como é o caso do grupo Tómalle Outra e tamén da Coral Candea de Viana, que actuará coa Real Banda de Gaitas.

 

Artigos relacionados

Back to top button