En portadaÚltima hora

Vilamartín de Valdeorras honra a San Xurxo no día grande das súas festas patronais

A charanga CLK foi a encargada de amenizar a sesión vermú neste 23 de abril

 

Vilamartín de Valdeorras está en festas. Logo de dous anos sen actos debido á situación sanitaria, Vilamartín está a celebrar por todo o alto as súas festas patronais na honra a San Xurxo cun completo programa orfanizado pola comisión de festas (Topi) en estreita colaboración co Concello.

A celebración comezaba onte, venres 22 de abril pola tarde cunha sesión de Cantos de Taberna a cargo de Os Palletas de Quiroga, Os Parrandas de Córgomo e Amanecer do Barco. De madrugada eran  Clon Bois e Sexophones quenes amenizaban a festa.

 

A imaxe de San Xurxo na procesión.

 

Con todo, é hoxe sábado 23 de abril o día grande das festas, o día de San Xurxo, e trala tirada de bombas e o pasarrúas coa charanga CLK ás 12 horas comezaba a procesión coa súa imaxe pola rúas de Vilamartín (antes da misa). A charanga tamén amenizaba a sesión vermú. Pola tarde, ás 18 horas haberá un partido de fútbol sala no pavilón do Bañadoiro e en sesión de tarde e tamén verbena, será a orquestra Charleston quen convide aos asistentes a botar un baile na praza.

 

Sesión vermú coa charanga CLK.

 

As festas pecharanse mañá, domingo 24 de abril, cun programa moi parecido ao de hoxe que arrancará co pasarrúas a cargo da charanga TdB de Trives. Ás 13 hora volverá haber procesión e misa solemne así como sesión vermú coa charanga trivesa. O broche á programación poñeráo a orquestra Florida Band que debutará nas festas de Vilamartín tocando en sesión de tarde longa sen verbena, a partir das 20:30 a 23 horas.

 

A cocelleira de Cultura co responsable da comisión de festas.

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button