
A localidade ruesa de Vilela volverá honrar á Virxe do Carme neste mes de xullo. O programa arrancará o venres día 12 pola noite con verbena a cargo da Disco Móvil Chocolate (00:00h.); e continuará o sábado con servizo de vermú no bar da festa e baile en sesión de tarde e noite a cargo do Trío Rosel.
O domingo día 14 de xullo haberá misa ás 12h. e de novo servizo de vermú no bar da festa. Pola tarde haberá xogos para os nenos. Con todo o día grande será o martes 16 de xullo. Esa xornada comezará cun pasarrúas polo pobo a cargo da Charanga Nova de Trives, estando prevista para as 12h. a procesión coa imaxe da Virxe do Carme e posterior misa na capela. De seguido haberá sesión vermú coa mesma charanga que tamén amenizará a festa de tarde (20h.).




