EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Vilela (A Rúa) celebra o San Brais cunha suculenta “callada”

Máis de 200 persoas asisten ao xantar organizado pola asociación de veciños da localidade ruesa

Unha semana despois da multitudinaria X Festa do Codillo, A Rúa acollía unha nova xuntanza gastronómica, desta volta na localidade de Vilela. Alí, máis de 200 persoas se reunían no mediodía do 4 de febreiro para degustar a VI Callada do San Brais, organizado pola asociación de Veciños de Vilela.

Por 10 euros que custaba a entrada, os asistentes puderon desfrutar dun suculento menú a base de entremeses variados, empanada de carne, callos á galega e torta de roxóns, ademais de viño, café e licores. O apartado musical correu por conta da charanga Europa.

O día anterior, venres 3 de febreiro, tiñan lugar os cultos na honra ao San Brais (procesión, misa e pasarrúas).

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button