EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Viños valdeorreses nun acto de degustación no Van der Valk Hotel, en Ámsterdam

Representación dp C.R.D.O. Valdeorras, en Amsterdan.

 

Máis de 80 adegas galegas, entre ela varias valdeorresas, así coma licores dunha ducia de empresas comercializadoras da comunidade autónoma, amparados baixo os selos de calidade dos consellos reguladores que conforman Acruaga, participan nun acto de degustación no Van der Valk Hotel da capital holandesa. Así, Ámsterdam convértese, tras París e Londres, na terceira capital europea na que os viños e destilados galegos se promocionan conxuntamente no que vai de ano.

Acruaga desenvolve esta acción promocional en colaboración coa Unión Española de Catadores (UEC), encargada de poñer en marcha o denominado I Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Ámsterdam, que ao longo do día de hoxe se está a levar a cabo na cidade con gran afluencia de público. Neste salón participan un total de 110 marcas de viños e licores de Galicia, amparadas baixo os diversos marchamos de calidade autonómicos.

Segundo destaca Juan Gil de Araujo, presidente de Acruaga, “os Países Baixos representan un dos destinos máis atractivos para as exportacións de viños, augardentes, licores e destilados de Galicia”. Con este showroom conxunto, respaldado pola Xunta, a través do Igape, “pretendemos axudar ás adegas e empresas comercializadoras da comunidade autónoma a afianzar as súas vendas neste potente mercado europeo”.

Artigos relacionados

Back to top button