Cun percorrido por viñedos da Denominación de Orixe Valdeorras en Larouco, unha visita ao castro do Castrillón e á contorna das covas (adegas soterradas) de Seadur (Larouco) concluía o domingo, 12 de marzo, o curso de cata “A arte do viño envellecido” organizado pola Asociación Ruta do Viño de Valdeorras. Arqueoloxía, viticultura, enoloxía e gastronomía nunha interesante actividade na que participaba unha vintena de persoas.
O seu programa, comezaba o sábado no Hotel Calzada, en Arcos (Vilamartín de Valdeorras), cunha cata de brancos de Valdeorras pola mañá e de tintos, pola tarde, impartida polo director técnico do CRDO, Jorge Mazaira.
Fotos cedidas.