Na recta final do curso, continúan as actividades extraescolares nos centros educativos. No caso do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalelas, a xornada deste martes 27 de maio está sendo moi activa.
Os pequeniños de 3 anos visitaban o Concello do Barco; os de 5º e 6º están en Portugal no intercambio co EIP Coelho e Castro, Fiães en Santa María da Feira; e os de 3º e 4º están de excursión ás Covas de Valporquero (León).
Estes últimos saían da Estación de Autobuses do Barco arredor das nove da mañá.
Fotos: Carlos G. Hervella.



