A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Visita da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a actuación de acondicionamento do barrio da Estación, na Rúa

A intervención aborda a mellora das vías das rúas Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e o entronque coa rúa Silveira, cun investimento de preto de medio millón de euros

 

No mediodía deste mércores 3 de xuño, unha hora despois de presentar a licitación das obras do novo centro de saúde da Rúa, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaba xunto á alcaldesa, María González Albert e o delegado territorial de Ourense, Manuel Pardo, a actuación de acondicionamento do barrio da Estación deste concello, cuxa primeira fase está practicamente finalizada, e que se desenvolveu ao abeiro do Plan Hurbe.

 

 

A través desta intervención, cun investimento de 484.000 euros, acometeuse a mellora das distintas rúas deste barrio, a rúa Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e o entronque da rúa Silveira. Nelas renováronse o pavimento e desenvolvéronse traballos de humanización para primar o tránsito peonil, ademais da renovación das infraestruturas de saneamento e abastecemento, instalación da rede de pluviais, o soterrado do alumeado público e a instalación de gas natural.

 

 

Os traballos foron financiados a través do convenio de colaboración asinado entre as administracións autonómica e local, no que a Xunta financiou o 70% da obra e o concello asumiu o 30% restante.

 

 

A conselleira destacou in situ a calidade con que foi realizada esta obra e a importancia do Plan Hurbe para desenvolver conxuntamente da man dos concellos actuacións de humanización e recuperación do espazo públicom “que nos axudan a transformar o noso territorio e mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

 

 

A alcaldesa adiantou  que xa teñen preparadas as fases II e III para presentarllas á conselleira.

Fotos e vídeos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button