O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou esta mañá os colexios de Castrelo de Miño e de San Salvador da Arnoia, ambos na provincia de Ourense, para compartir co profesorado e o alumnado os distintos proxectos educativos que se están levando a cabo en ambos centros.
O titular de Educación do Goberno galego subliñou que estes dous centros son “un expoñente da calidade educativa no rural galego, que contribúe a reforzar o conxunto do ensino”.
Non en balde, destacou que unha das fortalezas do sistema educativo galego é que os alumnos e as familias dispoñen de todos os servizos e teñen acceso a todos os programas educativos “independentemente de onde vivan”.