SanidadeÚltima hora

Visita do conselleiro de Sanidade ao inicio das obras do Centro de Saúde de San Amaro

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, acompañados polo delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron o centro de saúde de San Amaro, para comprobar o inicio das súas obras de reforma.

Estas actuacións abordarán a reparación da cuberta, que nestes momentos é de tella cerámica sobre placas de cemento ou correas deste mesmo material, e na que unha alta porcentaxe das tellas presentan un estado de deterioro que aconsella a substitución global da mesma. Tamén se levará a cabo o arranxo do falso teito do espazo central, ademais da rehabilitación e a modificación dos actuais aseos para poder ofrecer un servizo adecuado ás necesidades dos pacientes, facéndoos mais accesible e confortables.

Colaboración cos concellos

A Xunta continúa colaborando cos concellos que manteñen centros de saúde de titularidade municipal. Así, desde o 2017, a distribución que a Xunta fai do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local inclúe a previsión de compensar os custos de mantemento dos centros de saúde de titularidade municipal.

No orzamento para este ano, a Xunta reforzou unha vez máis o seu apoio a estas entidades locais e incrementou, ata os 2,6 millóns de euros, a partida –un 8%-. En particular, o Concello de San Amaro recibiu no 2022 a cantidade de 11.671 euros para financiar o mantemento desta instalación sanitaria.
Con isto, a Xunta de Galicia ten destinado, desde 2017, máis de 15 millóns de euros a financiar os gastos de funcionamento de 156 centros de saúde de titularidade municipal.

Artigos relacionados

Back to top button