ConcellosÚltima horaVilamartín

Visita do delegado do Goberno en Galicia a Vilamartín

 

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizaba este luns unha visita ao Concello de Vilamartín de Valdeorras, acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González. José Miñones mantivo un encontro co seu alcalde, Enrique Álvarez Barreiro, para supervisar os investimentos do Goberno neste municipio, escoitar as súas demandas e abordar as oportunidades do Plan de Recuperación.

Concretamente, o Executivo central está investir máis dun millón de euros en Vilamartín actualmente. Destaca, entre outras, a axuda de 144.216 euros do IDAE do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco), para a renovación e a eficiencia enerxética do alumeado. O concello tamén recibe transferencias do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e benefíciase do Plan ÚNICO-Banda Ancha, que na convocatoria de 2022 levará a conexión a internet de alta velocidade a 511 vivendas e empresas.

O delegado tamén visitou co subdelegado e co alcalde, a obra de remodelación da área recreativa do Bañadoiro, que está executar o Miteco. O contrato foi adxudicado este verán por 871.228,56 euros.

Artigos relacionados

Back to top button