O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, realizaba na mañá do 16 de setembro unha viaxe institucional ao Concello da Mezquita. O alcalde deste municipio, Rafael Pérez , agradecía a visita do subdelegado á súa terra natal e transmitíalle algunhas das necesidades dos veciños, en especial as referidas ás obras do AVE, ás infraestruturas viarias da zona, e ao todo o relacionado coa seguridade cidadá.