CulturaCulturaÚltima hora

Visita guiada a muíños de San Mamede (Pantón) e Cinsa (Monforte de Lemos)

Esta actividade, organizada pola Asociación Segredos de Pantón, está prevista para o 23 de outubro

 

A Asociación Segredos de Pantón organizará o vindeiro 23 de outubro ás 16h. a visita guiada “Coñecendo os nosos muíños” a dous muíños: un situado na parroquia de San Mamede de Mañente en Pantón e outro no lugar de Cinsa na freguesía de Santa María de Baamorto, no veciño concello de Monforte de Lemos.

“Nesta visita pretendemos poder amosar o que foron destes lugares moitas veces esquecidos, saber sobre as súas historias e sobre todo da súa propia funcionalidade”, explican dende esta entidade cultural.

Para participar na actividade haberá que aboar 2 euros/persoa e as posibilidades para anotarse son as seguintes:
Vía correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com
Vía redes sociais: Twitter ou Facebook de Segredos de Pantón.
Vía WhatsApp: 662 669 223 (Lucas Vázquez)
Vía telefónica ou mensaxería: 662 669 223 (Lucas Vázquez)

 

Artigos relacionados

Back to top button