No marco do campo de voluntariado arqueolóxico que se vén desenvolvendo no Castrillón (Larouco) dende primeiros de mes, o domingo 11 de xullo terá lugar unha visita guiada na que o público poderá coñecer este asentamento castrexo, cun monumental sistema defensivo, así como o labor que os voluntarios, coordinados por Xeitura, están a desenvolver nel.
A visita está prevista entre as 19:30h. e as 20:30h., segundo a información do Concello de Larouco.