EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Visita ás obras do que será o primeiro spa de viñoterapia de Galicia

A directora de Turismo de Galicia achegábase ata o mosteiro de San Clodio de Leiro, cuxa nave lateral acollerá este novo servizo turístico
A directora de Turismo de Galicia e a xefa territorial da Xunta, visitando as obras no mosteiro de San Clodio de Leiro.

O mosteiro ourensán de San Clodio de Leiro está en proceso de rehabilitación para acoller na súa navel lateral o que será primeiro spa de viñoterapia de Galicia. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaban na mañá do 5d e xaneiro as obras.

Este novo establecemento constará de vestiarios, tres salas de masaxe, dúas individuais e unha dobre, con tratamentos específicos de viñoterapia; unha sala de relax, unha sauna, un baño de vapor, duchas de contrastes, spa-piscina de 40m2 e zonas de descanso.

Durante a visita Nava Castro lembraba que neste novo servizo turístico empregaranse produtos derivados da uva e do viño, entre outros elementos, para distintos tratamentos termais que formarán parte da oferta actual do Hotel Monumento de San Clodio. “Este novo spa de viñoterapia será de gran atractivo, por un lado polo tipo de tratamentos que nel se ofrecerán e, por outro, pola súa propia arquitectura Os usuarios gozarán do descanso nun edificio de máis de 500 anos de historia”, sinalaba a directora de Turismo de Galicia.

Ademais, engadía que esta intervención permite garantir a recuperación íntegra do inmoble e o emprego das súas instalacións para poñer en valor e difundir os recursos turísticos asociados á auga termal e ao viño. “Esta iniciativa reforza, así, a aposta de Turismo de Galicia polo termalismo, que constitúe un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico e económico da comunidade galega”.

Artigos relacionados

Back to top button