A RúaConcellosÚltima hora

Visita pastoral do bispo de Astorga á parroquia de Santo Estevo, na Rúa

 

Na tarde deste sábado 21 de xaneiro o bispo de Astorga, Monseñor Jesús Fernández González, visitaba por primeira vez a parroquia de Santo Estevo, na Rúa Vella. E facíao durante a visita pastoral na que mantiña un encontro co párroco José Fernádez de Abajo e os fegreses da comunidade parroquial, visitando ademais o cemiterio. Tamén rezou polos defuntos e reuniuse coas persoas que teñen tarefas na parroquia, entre elas a colocación do fermoso Nacemento que gustou moito ao bispo.

 

O bispo de Astorga na igrexa de Santo Estevo, na Rúa Vella.

 

O broche á visita poñíao a eucaristía que tiña lugar na igrexa parroquial, cantada polo coro da parroquia e oficiada polo bispo, o párroco actual José Fernandez, o anterior párroco Severino Pérez e o sacerdote Antonio Ferrer, nado natural da Rúa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button