Trala inauguración e a cata con observación de estrelas no Pazo deo Castro, neste sábado 9 de outubro era moi intensa actividade programada nas X Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras.
O “Bus do Viño” con saídas desde Ponferrada, Lugo, Ourense e Santiago levaba aos visitantes de ruta polas adegas participantes nas xornadas, entre elas O Cepado de Rubiá, degustando os seus viños e visitando ademais diferentes recursos da comarca.

Tamén houbo dúas rutas enoculturais con degustacións, e diferentes catas. Con todo, un dos pratos fortes da tarde tiña lugar na praza Maior do Barco de Valdeorras. Alí reuníanse cinco artesáns locais que ofreceron unha gran variedade de produtos. Dende artigos feitos en madeira polo barquense Christian Pombo, ata queixos de Castro Caldelas, meles da zona de Valdeorras, licores e debuxos da artista coruñesa afincada no Barco, Emma Traba.

O mesmo recinto feiral acollía o Túnel do Viño así como unha cata de viños e conservas a cargo da sumiller Mercedes Gallego. A xornada deste sábado rematará cunha cea-maridaxe no Hotel-Monumento Pazo do Castro.