Na xornada do xoves 13 de marzo, o alumnado de 3º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco levaba a cabo a actividade ‘Facemos Valdeorras’.
A actividade comezaba cunha visita á nave de elaboración de lousa de CUFICA situada en A Medua. Despois desprazábanse ata Éntoma para outra visita guiada á Adega Virxe de Galir. Finalmente os rapaces realizaban a pé un tramo do Camiño de Inverno dende Éntoma ata O Barco.
Fotos cedidas.