ConcellosO BoloÚltima hora

Visitas guiadas ao Castelo do Bolo no marco da I Feira Irmandiña

 

Do asalto á fortificación por parte dos Irmandiños, que provocou a destrución de parte da edificación e a súa posterior reconstrución, feito singular que ocorreu no Castelo do Bolo no século XV, nace a Feira Irmandiña que celebra a primeira edición na xornada deste luns 14 de agosto.

 

 

Nesta primeira edición participan unha ducia de postos con produtos tradicionais da vila e da comarca (viño, aceite, mel e embutidos) que estarán abertos durante todo o día na praza ao lado do castelo. Nos arredores haberá xogos para os nenos e tamén cantos de taberna, ademais de visitas guiadas de balde nas que se contará a historia dos Irmandiños así como a súa actuación neste castelo.

A primeira visit á que corresponden estas imaxes tiña lugar ás 11 pero tamén estaban previstas para as 13:30, 18 e 19:30 horas.

 

 

Fotos: Verónica Vieira/ Por las Ramas Estudio.

 

Artigos relacionados

Back to top button