En portadaEntroido 2023Galerías de fotosÚltima horaVídeos

Vistoso, animado e reivindicativo desfile de Entroido en Vilamartín de Valdeorras

 

Tan vsitoso e animado coma sempre pero máis numeroso e reivindicativo que nunca. Así foi o desfile de Entroido que na tarde deste sábado 18 de febreiro percorría Viamartín de Valdeorras.

 

 

Dende A Rodeleira ata a praza José Luis Núñez onde remataba a festa con chocolate, churros e orellas, un total de 15 comparsas e 1 folión desilaban nunha soleada e mesmo calurosa tarde. Abrindo a comitiva “Os Ampaxogos” de Vilamartín e a partir de aí, comparsas de todo tipo chegadas dende diferentes partes da comarca.

 

 

Dende “Os Zamarreiros” que reivindicaban o arranxo da estrada de San Vicente ou os “Bombeiros” da Veiga de Cascallá lembrando o incendio do pasado verán, pasando por “En  que xardín me metín”, “Os Mosqueteiros de Asfaval”, “A Prehistoira de Quereño”, os “Piratas do Sil”, “Howarts Gurriarán”, “Fondo Marino”, “Pianos loucos-Troula da Rúa”, “Os Masais de Rubiá”, “As Granxeiras”, os “Piratas del Caribe”, “Bienvenidos al Valhalla” ou “Os Fargalleiros da Ruada”. Pechando o desfile, coma sempre a Asociación Cultural Folións Os Viticultores de Vilamartín.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button