OurenseÚltima hora

Vitoria para o Adas en benxamín e alevín masculino nunha fase final da Liga Abanca con case 800 atletas

Nesta competición de categorías menores, que se celebraba en Ourense, o club valdeorrés colleitaba ademais dous segundos postos en benxamín feminino e infantil masculino
Atletas do Adas, xunto aos doutros equipos durante o minuto de silencio que gardou na pista en repulsa contra a violencia de xénero. Foto: FGA.

Con catro podios regresaban da capital da provincia os atletas do Club Adas do Barco. Conseguían dúas vitorias e dous segundos postos na fase final da VI Liga Abanca de categorías menores, que se celebraba o 22 de decembro na pista cuberta de Ourense.

Nesta competición dábanse cita 48 clubs galegos e preto de 800 atletas nunha dobre xornada deportiva “na que os grandes protagonistas” serían os atletas que “encheron o recinto feiral baixo un gran ambiente de festa”, segundo a Federación Galega de Atletismo (FAG).

Por clubs as vitorias eran para o Adas Proinor nas categorías benxamín e alevín homes (ao sumar 178 puntos e 143, respectivamente) e para o Ourense Atletismo na Sub12 feminina. O C.A.Sada subiría ó mais alto do podio na Sub10 feminina, correspondendo o triunfo por equipos na Sub14 ao Vila de Cangas nas rapazas e á Atlética Lucense nos rapaces. Ademais o club barquense facíase con dous segundos postos en benxamín feminino (con 125 puntos) e en infantil masculino (181.5 puntos).

Minuto de silencio

Un dos momentos máis especiais tiña lugar cando no centro da pista todos os asistentes gardaban un minuto de silencio como xesto de repulsa aos crimes e á violencia de xénero co lema de “Vivir e correr sen medo”.

Artigos relacionados

Back to top button