Fiel á tradicional cita, a praza César Conti da Rúa acollía na tarde do 19 de agosto, a saída dunha nova edición da Volta Ecolóxica. Unha reivindicativa, divertida e singular actividade que nacía nos anos 80 como protesta pacífica e orixinal en bicicleta, contra os abusos ao medio ambiente, que cada ano é respaldada con numerosa participación.
Nesta ocasión foron uns 130 os participantes de todas as idades (dende nenos ben pequeniños ata xente máis entrada en anos), os que completaron o percorrido por algunhas rúas da localidade ata o campo de San Roque onde ten lugar a festa. Os disfraces, sempre con algunha referencia á natureza e os seres vivos, foi do máis variado, sen esquecer unha interesante alegoría aos incendios que cada ano asolan os montes galegos.

Fotos: David Pérez.