En portadaÚltima hora

Voluntarios do oriente ourensán na VI xornada de convivencia de agrupacións de Protección Civil, en Ourense

Publicidade

 

Ás nove e media da mañá deste sábado 22 de outubro comezaba, coa recepción dos asistentes, a VI Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios/as de Protección Civil, que reúne na cidade de Ourense a uns 500 voluntarios de diferentes partes de España e Portugal, entre os que están os das diferentes agrupacións do oriente ourensán.

Trala presentación da xornada do Auditorio Municipal de Ourense e a foto oficial na Ponte Romana, as agrupacións eran distribuídas en sete grupos, realizando cada un o seu taller práctico e a visita dos helicópteros H4 (061) e Hel. Marroxo (Extinción Incendios Forestais) no Campo de Fútbol Oira.

 

Foto oficial na Ponte Romana de Ourense. /Foto: Unidade de Drons Bombeiros Terra de Celanova.

 

Segundo o programa feito público pola organización, San Xoán de Río realizaba o taller de seguridade en rallyes; O Bolo e Riós, de accidente de tráfico; Petín, de rescate en altura; Manzaneda, A Rúa e A Gudiña, de rescate en moto acuática; O Barco de Valdeorras, Parada de Sil, A Pobra de Trives, A Veiga e Viana do Bolo, de operativa de Guardia Civil de Tráfico; e Larouco, de incendios forestais-UME.

A xornada continuará coa reunión dos grupos para degustación dun pincho e viño, na Carpa Exterior Oira; a entrega de medallas e condecoracións no mesmo lugar; e o xantar de confraternidade no Campo da Feira.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button