
Despois de case tres anos, nesta fin de semana volve o fútbol de liga ao campo de fútbol San Martiño, en Quiroga.
E faráo por partida dobre. Mañá, sábado 24 de setembro, debutan os xuvenís, o equipo que lograron sacar adiante despois de moito traballo, formada por rapaces de idades xuvenís e cadetes. Xogarán contra o CD Rúa a partir das 18 horas.
E o domingo día 25 tocaralle o turno ao equipo de Terceira Galicia, que xogará o seu primeiro partido de liga ante o SCD Santa Comba a partir das 17 horas.