EconomíaEconomíaÚltima hora

Volve a programación “A caída da folla na Ribeira Sacra. Somos de outono”

Xa poden facer reservas para as actividades deste programa que promove o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

 

Dende este 12 de outubro está aberto o prazo de reserva das actividades na web do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para o programa “A caída da folla. Somos de outono”, que se desenvolverá do 22 de outubro ao 19 de novembro:
https://turismo.ribeirasacra.org/es/a-caida-da-folla-2023

Este programa pretende ser “un escaparate dalgunhas das propostas que se poden realizar neste xeodestino con paraxes que gañan en atractivo e que se unen ás cada vez máis numerosas actividades promovidas dende os concellos, axencias de viaxe e empresas turísticas de Ribeira Sacra para o periodo outonal. En función da demanda e das condicións metereolóxicas, poderemos reforzar a programación”, explican dende o consorcio.

O programa está patrocinado polo Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra. “Unha das partidas do mesmo estaba reservada a actuacións de promoción para varios concellos da entidade e para os recén incorporados que xa formaban parte do BIC no momento da sinatura do convenio (Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río) e que terán continuidade con novas propostas en 2024”, indica o consorcio.

 

Artigos relacionados

Back to top button